Visita ao Museo do Mar

O pasado venres, os alumnos e as alumnas de 4.º e 6.º de educación primaria visitaron o Museo do Mar.

Alí, tiveron a oportunidade de “viaxar no tempo” a través dunha exposición de xoguetes antigos. Aprenderon como eran os xoguetes dos nenos de antes, os materiais que se empregaban, etc. Despois, participaron nun xogo de pistas para descubrir un pouco máis sobre o tema, e ata fixeron o seu propio xoguete artesán, un barco vikingo feito de papel.

Pasámolo moi ben!

Comments are closed