Semana do libro en Ed. Infantil.

O pasado 22 de abril celebrouse o día do libro e ao longo desa semana os alumnos e alumnas de Ed. Infantil  estiveron a levar a cabo unha serie de actividades encamiñadas á animación da lectura.
Desde os marcapáxinas aos seus libros favoritos os pequenos da casa gozaron esta semana compartindo historias e contos. Descubrindo xuntos palabras e atopando nos libros letras coñecidas e outras por coñecer. En definitiva, o inicio da súa vida como lectores. Aquí tedes algunhas fotos de como transcurriu o día.

Os nosos leonciños e leonciñas de 4º de Ed. Infantil (3 anos)

Os nosos leonciños e leonciñas de 5º de Ed. Infantil (4 anos)

Os nosos leonciños e leonciñas de 6º de Ed. Infantil (5 anos)

Contacontos na biblioteca.

 

Comments are closed