Semana do Libro en Secundaria

O 23 de abril foi o Día do Libro e quixemos celebralo con algunhas actividades ao redor da lectura e dos libros.

Propuxémoslle ao alumnado que reflectise nunha fotografía o seu libro preferido. Tiveron que escoller varios obxectos para representar os personaxes, accións, espazo… E despois fixeron cadansúa presentación na biblioteca.

O alumnado le moito e gústalle compartir as súas lecturas cos demais.

Tamén traballamos con mensaxes secretas. Tiveron que descubrir as mensaxes que apareceron debuxadas nas ventás da clase. Para iso, o primeiro paso foi construír a súa máquina de cifrado / descifrado.

E despois dispuxéronse a decodificalas e compartilas cos compañeiros e compañeiras.

Finalmente, foi a súa quenda. Crearon mensaxes relacionadas coa lectura e codificáronas para que outros compañeiros puidesen decodificalas.

Feliz ano de lecturas para vós tamén!

Comments are closed