Visita de Iria Misa

Hoxe os alumnos e alumnas de 5º e 6º ep recibiron a visita de Iria Misa. Veu falarlles do seu libro “Unha veciña de película”, que leran na materia de Lingua Galega.  Neste rato tan divertido os rapaces e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre a obra. Ao rematar, Iria, moi amablemente, asioulles os libros. Os nenos e nenas, a cambio, entregáronlle un bloc cuns debuxos que lle fixeron. Moitas grazas pola visita, Iria!

Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais

O grupo de 4.º da ESO asistiu hoxe á VI Edición da Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais, que se celebrou no Auditorio Mar de Vigo. Aquí puideron informarse sobre distintas oportunidades formativas que existen en Vigo. Así coñeceron cursos, ciclos e graos aos que poden acceder relacionados con múltiples ámbitos: idiomas, deseño gráfico, deseño web, auxiliares de voo, xoieiría, música, comercio internacional…

E xa estamos regueifando

Parte do noso alumnado da ESO tivo a oportunidade de achegarse ao mundo da improvisación oral en verso da man dos grandes regueifeiros Luís O’Caruncho e Pinto de Herbón. Comezaron rompendo o xeo cos rapaces e rapazas, explicándolles como fixándose nalgún detalle que os rodea  xa poden deixar medrar as palabras. E así o fixeron para deleite de todos os asistentes: A seguir, explicáronnos a orixe das regueifas e a súa presenza en distintos lugares do mundo. E así, pouco—

Ler máis

Día da Muller e a Nena na Ciencia

A propósito da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o noso alumnado de 2.º da ESO puido participar nuns obradoiros organizados polos servizos de Normalización Lingüística e Igualdade (concello de Vigo). O obxectivo destes obradoiros era dar a coñecer as contribucións de mulleres científicas, ademais de poñer en valor o uso da lingua galega no ámbito das ciencias. A xornada transcorreu con moita emoción por parte do alumnado, moi motivado nas materias científicas. Podedes comprobalo xa—

Ler máis

Programa de Educación Cívico-Tributaria

O alumnado de 1.º e 2.º da ESO participou hoxe no Programa de Educación Cívico-Tributaria, organizado pola Delegación da Axencia Tributaria de Vigo. Desde un enfoque didáctico, o relator achegou aos alumnos e alumnas pinceladas sobre os bens e os servizos públicos, o financiamento ou a importancia da súa conservación. Foi unha charla enfocada á educación en valores, da que todos tiraron bo proveito.