Semana do Libro 2023

Durante a semana do 17 ao 23 de abril, fixemos diferentes actividades a propósito da celebración do Día do Libro.Lanzamos, ao alumnado de secundaria, tres propostas para que escollesen: a creación dun perfil literario en Instagram, un bookface ou unha escena literaria. Neste vídeo, podedes ver o resultado: Tamén se organizou un obradoiro sobre a orixe da escritura, diferentes tipos de escritura (cuneiforme, xeroglífica…), etcétera. Felices lecturas a todos e a todas!

Semana do Libro en Secundaria

O 23 de abril foi o Día do Libro e quixemos celebralo con algunhas actividades ao redor da lectura e dos libros. Propuxémoslle ao alumnado que reflectise nunha fotografía o seu libro preferido. Tiveron que escoller varios obxectos para representar os personaxes, accións, espazo… E despois fixeron cadansúa presentación na biblioteca. O alumnado le moito e gústalle compartir as súas lecturas cos demais. Tamén traballamos con mensaxes secretas. Tiveron que descubrir as mensaxes que apareceron debuxadas nas ventás da clase.—

Ler máis

Semana do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e nós non quixemos deixar pasar esta data tan importante. Realizamos diferentes actividades ao longo de dúas semanas: lecturas compartidas, contacontos, creación de marcapáxinas, recomendacións literarias… Velaquí tedes unha pequena mostra do traballo desenvolvido, só tedes que premer no seguinte texto: actividades polo Día do Libro. Animámosvos a seguir voando e imaxinando coas mellores lecturas!