Hoxe, os nosos leonciños e leonciñas asistiron a unha función teatral: Guyi-Guyi.
Os nosos pequenos estaban ansiosos por ver esta función:
E chegou o momento de entrar no teatro e dirixirse aos seus asentos:
E, cando comezou a obra, descubriron a Guyi-Guyi, que é un crocodilo que, por azar da natureza, nace nunha familia de patos. El vive feliz coa súa familia ata que un día se perde e se encontra cun crocodilo. Cando se decata de que os crocodilos comen patos, o noso protagonista atravesará diferentes dificultades para conseguir ser el mesmo.
A través do xogo e o humor buscamos reflexionar sobre o medo ás diferenzas e aos prexuízos que vertemos sobre aquilo que se comporta de xeito distinto ao que esperamos.
Aos leonciños encántalles o teatro, aquí senten de preto as ideas que transmite un bo texto. Listos para a próxima función!