Visita de Andrea Maceiras

Na xornada de hoxe recibimos a visita tan esperada de Andrea Maceiras. Achegouse ao colexio para falar co noso alumnado de 1.º, 2.º e 3.º da ESO sobre as súas obras A folla azul e Europa Express.

Comezamos cunha viaxe ata a Amazonia, durante a que visitamos terras e coñecemos tribos, costumes, fauna e flora. Revivimos momentos únicos das protagonistas de A folla azul e presentounos a tribo que lle serviu de inspiración.

A seguir, continuamos cun percorrido en interraíl por Europa. Puidemos compartir con ela as nosas impresións sobre o grupo de amigos que protagoniza Europa Express e analizar o comportamento destes.

E, engaiolados pola doce voz da autora, chegou a fin do noso encontro.

Este foi un gran peche tras o traballo realizado a propósito destas lecturas. Moitas grazas, Andrea.

Comments are closed