Obxecto

Benvido á nosa web 

Porque queremos que aquela amizade nada no colexio e que imprimiu carácter nas nosas conciencias continúe no tempo, intentaremos coordinar unhas cantas reunións – supoño que meses de reunións, traballos e xestións- e, se procede, estudar a posibilidade da creación da Asociación de Antigos Alumnos Colexio Quiñones de León.

  • Para axudarnos mutuamente.
  • Para que se nos convoque cando se cumpran anos da nosa promoción e recordar os vellos tempos cos vellos amigos.
  • Posibilidade/viabilidade de edición dun revista como instrumento de información e comunicación entre os asociados.
  • Para fomentar entre todos o desenvolvemento de actividades, conducentes a expansión da cultura.
  • Para promover vínculos de amizade e compañeirismo.
  • Para estar sempre en contacto co Colexio axudando en todo o posible.

 

         O obxectivo prioritario da posible Asociación sería fomentar a relación e convivencia entre aquelas persoas que compartimos as mesmas aulas e os mesmos patios. A vida moderna distanciou a quen pasamos moitas horas xuntos e cada vez faise máis difícil coincidir cos nosos amigos. Por iso desde o centro queremos ofrecer novas oportunidades de encontro.

         A nova web ofrece a posibilidade de rexistrarse na web do centro para contactar con compañeiros que estudaron no mesmo Colexio.

         Co fin de evitar posibles intromisións por parte daqueles que non pertencen nin teñen ou tiveron ningún vinculo co centro Quiñones de León, esixirase que os inscritos acheguen polo menos os seguintes datos:

  • Nome e Apelido
  • Promoción
  • Correo ou teléfono de contacto

 

         O noso paso polo colexio continúa ocupando unha parte importante da nosa memoria. A amizade e convivencia entre os compañeiros de clase, de curso ou de Colexio simplemente, mantense en moitos de nós, pero non é menos certo que noutras ocasións estas relacións perdéronse pola distancia e con frecuencia azoramos coñecer as circunstancias deses amigos e compañeiros que tivemos e aos que aínda recordamos con nostalxia.

         Máis aló da amizade e a convivencia, sentímonos unidos por unha identidade e uns valores comúns, un sentido da vida e ata un talante persoal que adquirimos como bagaxe de ser educados neste Colexio

Comments are closed