Skip to content
Alerta escolar
Alerta escolar é un servizo que pretende que o centro educativo poida ofrecer unha atención sanitaria inmediata ao alumnado que presente enfermidades crónicas nas que sexa posible que se produza un agravamento con perigo para a vida do/a menor:
-
Crises alérxicas
-
Crises comiciais (epilepsia)
-
Crises diabéticas
O obxectivo é que o profesorado saiba actuar correctamente e estea coordinado con Urxencias Sanitarias 061.
Para elo é preciso que os pais/nais/titores legais informen ao colexio, co correspondente xustificante médico, da doenza do alumno/a. O centro encargarase de enviar a información ao 061.
Poden solicitar máis información no colexio ou consultala en Alerta Escolar.