Matrícula

NOTA INFORMATIVA

1.-Cada alumno soamente pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle.

2.-O alumnado que teña garantía de permanencia no centro, si presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.-O alumnado que teña reservada praza nun centro, si presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do comezo do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

CRITERIO COMPLEMENTARIO

O Consello Escolar do CPR QUIÑONES DE LEÓN, en base ao disposto no Artigo 28, punto 1 da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, acordou  establecer como CRITERIO COMPLEMENTARIO O SEGUINTE:

“Polo domicilio familiar ou lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es situado dentro das áreas de influencia limítrofes á área de influencia do centro”: 1 punto.

Tal circunstancia deberá de acreditarse mediante a aportación da documentación que se estipula no Artigo 22, puntos 3, 4, 5 e 6 da citada Orde do 12 de marzo de 2013, segundo corresponda.

 

1. MATRICULA [formularios de admisión e matrícula] e proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017 nos niveles de EI, EP, EE e ESO.

 

2. Máis información no sitio WEB  “www.escolasvigo.org” do concello de VIGO

 

3. DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

4. Circular aos pais/nais sobre o proceso ordinario de matrícula curso 2016/2017.

 

5. ANEXO A para engadir ao ANEXO II a efectos de solicitude de admisión, matrícula curso 2016/2017

 

6. Listas provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2016/2017

 

7. Listas definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2016/2017

Comments are closed