Solicitude de admisión
- Prazas
- Cada alumno/a só pode presentar unha solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (pódense pedir ata seis centros).
- O alumno/a con reserva nun centro debe presentar renuncia a esta se solicita admisión noutro centro (ata o 28 de febreiro; para presentar unha nova solicitude de admisión deberá reflectir a súa renuncia na mesma).
- O alumnado que non formalice a matrícula en prazo perderá o dereito de admisión.
- Criterio complementario do centro
O Consello Escolar do CPR Quiñones de León, segundo o disposto no punto 1 da ORDE do 12 de marzo de 2013, acordou establecer como criterio complementario (en Consello Escolar do 23 de febreiro de 2016) o seguinte: “Polo domicilio familiar ou lugar de traballo dos pais ou titores situado dentro da áreas limítrofes á do colexio, 1 punto”. O cumprimento deste criterio deberá acreditarse segundo estipula o Artigo 22 da ORDE do 12 de marzo de 2013.
- Documentos que se deben presentar en papel
- Anexo II PDF
- Certificado de matrícula do centro actual.
- Volante de empadroamento conxunto.
- Presentación telemática (opción preferente) (neste enderezo poderá consultar: datas, previsión de vacantes, alumnado de cada curso, estado de tramitación da solicitude, listaxe de admitidos).
Matrícula
- Só deben presentar documentación de matrícula no centro os alumnos/as que estean nos seguintes casos:
- Entran no sistema educativo (4º EI ou 1º EP).
- Novos no centro.
- Matricúlanse en calquera curso de ESO.
- Desexan modificar datos (enderezo, teléfono,…) ou permisos.
- Documentos que deben presentar todos os alumnos/as que se matriculen
- Anexo III: Infantil e Primaria PDF, ESO PDF
- Autorización PDF
- Fotocopia do DNI/NIE/Pasaporte do alumno/a.
- Outros documentos que teñen que presentar só os novos alumnos/as
- Fotocopia da folla de vacinas.
- Volante de empadroamento conxunto.
- Dúas fotos de carné.
Información de interese
- Calendario PDF
- Normas xerais PDF
- Información do centro.
Lexislación