O noso grupo de 6.º de Primaria quere mostrarvos o primeiro poema de lingua galega do curso, que pouco a pouco estiveron aprendendo e memorizando. Con este poema de Manuel María: “A fala”, introducíronse no mundo da poesía galega.
Nesta actividade traballaron tipos de textos e de escritura diferentes do que adoitan atopar no seu día a día. Somerxéronse nunha realidade diferente da que están acostumados a vivir, na que se encontran o real e a imaxinación.
Grazas a este tipo de xogos coa lingua, os rapaces potencian as súas habilidades expresivas e comunicativas, melloran a expresión verbal e potencian outro tipo de comprensión. Estimularon a súa memoria auditiva e rítmica, así como a memoria visual, ademais de aprender sobre a cultura e sociedade galegas.
O alumnado gozou con todo este proceso e sentiuse realizado ao poder amosar ao mundo a culminación dunha actividade tanto individual como grupal.
Bo traballo equipo!