Admisión e matrícula 2024-25

Solicitude de admisión

  • Prazas
  1. Cada alumno/a só pode presentar unha solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (pódense pedir ata seis centros).
  2. O alumno/a con reserva nun centro debe presentar renuncia a esta se solicita admisión noutro centro (ata o 28 de febreiro; para presentar unha nova solicitude de admisión deberá reflectir a súa renuncia na mesma).
  3. O alumnado que non formalice a matrícula en prazo perderá o dereito de admisión.
  • Criterio complementario do centro

O Consello Escolar do CPR Quiñones de León, segundo o disposto no punto 1 da ORDE do 12 de marzo de 2013, acordou establecer como criterio complementario (en Consello Escolar do 23 de febreiro de 2016) o seguinte: “Polo domicilio familiar ou lugar de traballo dos pais ou titores situado dentro da áreas limítrofes á do colexio, 1 punto”. O cumprimento deste criterio deberá acreditarse segundo estipula o Artigo 22 da ORDE do 12 de marzo de 2013.

  • Documentos que se deben presentar en papel
  1. Anexo II PDF
  2. Certificado de matrícula do centro actual.
  3. Volante de empadroamento conxunto.
  • Presentación telemática (opción preferente) (neste enderezo poderá consultar: datas, previsión de vacantes, alumnado de cada curso, estado de tramitación da solicitude, listaxe de admitidos).

Matrícula

  • Só deben presentar documentación de matrícula no centro os alumnos/as que estean nos seguintes casos:
  1. Entran no sistema educativo (4º EI ou 1º EP).
  2. Novos no centro.
  3. Matricúlanse en calquera curso de ESO.
  4. Desexan modificar datos (enderezo, teléfono,…) ou permisos.
  • Documentos que deben presentar todos os alumnos/as que se matriculen
  1.  Anexo III: Infantil e Primaria PDF,  ESO PDF
  2.  Autorización PDF
  3.  Fotocopia do DNI/NIE/Pasaporte do alumno/a.
  • Outros documentos que teñen que presentar só os novos alumnos/as
  1. Fotocopia da folla de vacinas.
  2. Volante de empadroamento conxunto.
  3. Dúas fotos de carné.

Información de interese


Lexislación

Comments are closed