Charlas científicas da UVigo

En 1º e 4º de ESO tivemos o pracer de contar cos profesores Jaime González e Carlos Mosquera que impartiron senllas conferencias do programa de Charlas de divulgación científica e tecnolóxica da Universidade de Vigo. Jaime falou cos de 1º de O teu algoritmo e ti!, no que relatou a importancia dos algoritmos (non logaritmos), procesos matemáticos que non vemos pero que están detrás do funcionamento das páxinas web de xigantes como Youtube, Instagram, TikTok ou Amazon (e si, saben moito de nós). Carlos, na conferencia “Matemáticas de moitas revolucións”, instruíu aos de 4º sobre a importancia dunha ferramenta matemática chamada transformada de Fourier, presente en moitas aplicacións de música e imaxe, ¡e fíxoo sen fórmulas!. Ao final, os alumnos/as e profesores tiveron un pequeno agasallo e todo.

Desde o colexio só nos queda agradecer a estes dous profesores de Telecomunicacións a súa participación nestas charlas, sabendo o difícil que é para eles adaptar o seu nivel de coñecementos a rapaces/as tan novos.

Comments are closed.