Circuítos eléctricos

O alumnado de 3.º de educación primaria está a manter estes días o seu primeiro contacto cos circuítos eléctricos e electrónicos.

Grazas ao kit de iniciación á electrónica, proporcionado polo proxecto Polos Creativos, o alumnado afondou nos contidos traballados de materiais condutores e illantes, e nos conceptos básicos como a polaridade, que son a base da circulación da enerxía.
Practicaron como crear un circuíto electrónico pechado, comprenderon a diferenza cos circuítos abertos, manipulando directamente cos compoñentes kit sobre a placa, e fixeron uso por primeira vez en moitos casos dun desaparafusador para axustar os elementos dos circuítos.

Comments are closed.