Este pasado venres, o alumnado de secundaria gozou dunha xornada de convivencia na Illa de Ons.
Viaxaron en barco ata a illa.
Unha vez alí, participaron nunha xincana de preguntas sobre a illa. E, ao rematar, achegáronse ata a praia.
Compartiron o momento da comida e o de xogos na praia.
E, para rematar, fixeron unha ruta ata o faro.
Foi unha fermosa xornada ao aire libre, que esperamos que poidan repetir pronto.