Esencia de amorodo

A linguaxe da vida é universal e os constituíntes básicos son os mesmos nun amorodo e en nós mesmos. Así que en 3º de ESO extraemos o ADN duns amorodos, un longo fío enroscado formado por moléculas (bases) unidas en parellas: timina-adenina, citosina-guanina; e así todo, repetíndose millóns de veces. Como teñen moito ADN similar (xa que levan oito copias en lugar das dúas dos humanos), sóense usar para estas cousas.

O primeiro é ter amorodos (quen preguntaba de que valía o que estudiabamos para ir, por exemplo, á froitaría?), desengraxante, alcol e sal.

Botamos un pouco de desengraxante en auga e engadimos sal. O desengraxante disolve as membranas da célula e do núcleo, que son de lípidos (de graxa, para entendernos), e libera o ADN. O sal sepárao das proteínas ao redor das que vai enrolado.  Engadimos a mestura ao puré de amorodos que fixemos antes con forza bruta e coámolo con papel de filtro. A esta mestura resultante botámoslle un pouco de alcol frío, para reter o ADN sen que se disolva. E o que sae de aí son uns fíos pequenos e brancos de ácido desoxirribonucleico, o xerme da vida.

(Fotos de Fernando Aragón)

 

 

Comments are closed