Quen somos?

O colexio QUIÑONES DE LEÓN nace no ano 1974 coa intención de ofrecer á cidade de Vigo unha  proposta integradora de coñecementos e respecto á liberdade e pluralidade de ideas.

QUIÑONES DE LEÓN é un colexio laico e concertado (sostido con fondos públicos) en todos os seus cursos de ensino obrigatorio. Imparte ensinanzas desde os 3 ata os 16 anos, o que permite aos alumnos recibir toda a formación básica nun mesmo lugar.

O centro está situado no barrio do Calvario, con entrada por Travesía de Vigo,  e conta cunha superficie construída de 2698 metros cadrados e uns espazos abertos doutros 2200 metros cadrados.

O 26 de marzo de 2024 recibiu o premio Vigueses Distinguidos polos 50 anos de labor educativo na cidade.

Instalacións:

  • Aula de Usos Múltiples.
  • Aula de Música e Plástica.
  • Aula / Despacho de Orientación.
  • Laboratorio de Ciencias.
  • Aula de Informática.
  • Obradoiro de Tecnoloxías.
  • Ximnasio.
  • Aulas de PT / AL / Reforzos.
  • Comedor.
  • Biblioteca.
  • Ascensor.
  • Patio.

Comments are closed