O grupo de 2.º eso B puido gozar do seu premio no concurso “Cíes, o paraíso de todos”: unha viaxe ás illas Cíes.
O alumnado tomou o barco no peirao de Vigo e puxo rumbo á nosa marabillosa illa.
Ao chegar á illa, acompañounos unha guía, coa que fixemos unha visita na que nos explicou curiosidades sobre a illa: os seus habitantes, a flora, a fauna…
Despois de comer, as máis e os máis valentes gozaron dun baño nas cristalinas augas.
Tras este descanso, varias guías tiñan organizada unha xincana, na que demostraron os seus coñecementos sobre a illa, cantaron, fixeron teatro e pasárono moi ben.
Antes de tomar o barco de volta, aínda puidemos dar un último paseo pola illa.
Foi unha xornada estupenda e desexamos poder repetir moi pronto!