A decisión corresponde á Xunta de Avaliación nas convocatorias ordinaria e extraordinaria.
- PROMOCIÓN
Con ningunha ou unha suspensa, os alumnos de 1º, 2º e 3º ESO promoven sempre.
- TITULACIÓN
Cun máximo de dúas suspensas, que non sexan simultaneamente Matemáticas e Lingua Galega ou Matemáticas e Lingua Castelá.
Que a Xunta de Avaliación considere que o alumno conseguiu os obxectivos de etapa e acadou as competencias correspondentes.
- REPETICIÓNS
- Máximo unha por curso e dúas en toda a etapa.
- Se non repetiu ningún curso de ESO, pode repetir 4º dúas veces.
CONDICIÓNS PARA A PROMOCIÓN E TITULACIÓN NOS CASOS NOS QUE A ADMINISTRACIÓN DEIXA A DECISIÓN Ó EQUIPO DOCENTE
- PROMOCIÓN
1.1.PROMOCIÓN CON DÚAS SUSPENSAS
- Presentarse ás probas extraordinarias de tódalas materias suspensas.
- Nota mínima de 3 en cada materia suspensa.
- As dúas materias suspensas non poderán ser matemáticas e unha das linguas oficiais (L. Galega ou L. Castelá).
1.2. PROMOCIÓN CON TRES SUSPENSAS
- Presentarse ás probas extraordinarias de tódalas materias suspensas de tódolos cursos.
- Nota mínima de 3 en cada materia suspensa.
- Dúas das materias suspensas non poderán ser matemáticas e unha das linguas oficiais (L. Galega ou L. Castelá).