Protección de datos de traballadores/as do colexio

INFORMACIÓN DETALLADA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PARA O TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DOS TRABALLADORES/AS DO COLEXIO

En cumprimento do establecido no Regulamento (UE) 2016/679 Xenal del Protección de Datos e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, a continuación facilitámoslle toda a información detallada relativa ao tratamento dos seus datos persoais.

Responsable do tratamento dos seus datos persoais

Identidade: COLEXIO QUIÑONES DE LEÓN, S.L. – B36609444
Enderzo postal: Travesía de Vigo, 36 – 36206, Vigo, Pontevedra
Teléfono: 986278089
Correo electrónico: cpr.quinones.leon@edu.xunta.es

Delegado de protección de datos: OFINEMU AUDITORES – CONSULTORES, S.L.
Contacto co delegado: Vostede pode contactar co delegado de protección de datos polo que respecta a todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos ao amparo do Regulamento (UE) 2016/679 Xeral de Protección de Datos e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro. Pode facelo a través da dirección de correo electrónico dpd@ofinemu.com, ou ben mediante carta, escribindo a: Praza da Independencia, 2 – 1ºD, CP 36211, Vigo, Pontevedra. Indique no seu escrito que vai dirixido ao “DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS DO COLEXIO QUIÑONES DE LEÓN, S.L.”.

Finalidade do tratamento dos seus datos persoais

Os datos persoais serán tratados coa finalidade de realizar a xestión e administración do persoal, desenvolvemento profesional, formación, cobertura de vacantes, prevención de riscos laborais, prestacións sanitarias, asistenciais e sociais, para o mantemento das relacións laborais.
Non se tomarán decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís, cos datos persoais recollidos con esta finalidade.

Base xurídica do tratamento

Cumprimento dunha obriga legal, concretamente a que regula as relacións laborais por un lado (Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores) e a prevención de riscos no traballo (Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais).
Execución dun contrato, concretamente o contrato que vostede subscribe como traballador da organización.
De non facilitarnos os seus datos, non será posible o mantemento de súa relación laboral coa empresa.

Destinatarios dos datos persoais

Todos os departamentos nos que se organiza o responsable do tratamento, que inclúen recursos humanos, etc.

Os datos persoais poderán ser comunicados a terceiros en varios supostos, por exemplo se o esixe unha lei ou noutros casos, tras recadar previamente o consentimento dos interesados. Comunicaranse os datos á administración pública con competencia na materia, así como á entidade bancaria que o traballador indique. Tamén poderán comunicarse os datos a aquelas empresas que, actuando como encargadas do tratamento, presten un servizo ao responsable do tratamento que implique necesariamente o manexo dos datos persoais.

Informámoslle da existencia dun encargado de tratamento que trata os datos persoais por conta do responsable do tratamento, vinculado a esta empresa por unha relación contractual de prestación de servizos.

Transferencias Internacionais de Datos Persoais

Non se realizan transferencias internacionais dos datos persoais recollidos con esta finalidade.

Conservación dos datos persoais

Os datos persoais dos interesados conservaranse mentres se manteña a relación comercial, ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais.

Exercicio de Dereitos

Vostede ten dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar súa supresión cando, entre outros motivos, os datos persoais xa non se consideren necesarios para os fins cos que foron recollidos. En determinadas circunstancias, e por motivos relacionados coa súa situación particular, vostede poderá opoñerse ao tratamento dos datos ou solicitar unha limitación no tratamento dos mesmos. Nese caso unicamente conservarémolos para o cumprimento das nosas obrigas legais, así como para o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións. Tamén poderá solicitar a potabilidade dos seus datos.

Para solicitar o exercicio dos seus dereitos ou ben presentar unha reclamación sobre como tratamos os seus datos persoais, deberá dirixirse a nós por escrito, describindo os dereitos que desexa exercer ou a reclamación que desexa realizar, asinando a súa solicitude e achegando unha fotocopia simple do seu DNI. Pode consultar os datos de contacto do responsable de tratamento e do delegado de protección de datos no epígrafe “Responsable do tratamento dos seus datos persoais”,  situado ao principio deste documento.

Se o desexa, tamén pode formular unha reclamación ante a autoridade de control competente (a Agencia Española de Protección de Datos). Para máis información, consulte a ligazón http://www.aepd.es/

Comments are closed.