O alumnado de 2.º e 3.º da ESO visitou a cidade de Pontevedra.
A primeira parada foi o Museo de Pontevedra. Alí, o grupo de 3.º participou nunha visita guiada polas salas dedicadas a Castelao, e o grupo de 2.º coñeceu os fondos arqueolóxicos, desde o Paleolítico ata os romanos.
Despois pasearon pola zona vella da cidade e coñeceron algunhas das súas prazas.