O venres pasado o grupo de 3.º da ESO visitou a Facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo para participar na xornada Conecta con atlanTTic.
Ademais da cámara anecoica, na que non se escoitaba ningún son, puidemos ver a maqueta a tamaño real do último satélite enviado ao espazo, chamado “Lume”.
No laboratorio de óptica-electrónica puidemos tocar os microchips cos que traballan.
E, por último, dos distintos postos polos que pasamos, chamounos a atención o can robot.
Algún do noso alumnado saíu tan encantado que xa pensa en facer a carreira.