Tarefas 5 e 6 do proxecto “Nós tamén creamos”

Sabemos que estabades desexosos de ver os nosos avances nas entregas do proxecto “Nós tamén creamos”. A tarefa 5 consistiu en probar distintas iluminacións, en función das sensacións que quixésemos transmitir. Pero agora vén o interesante, a tarefa 6. Os nosos personaxes de A pota que trota xa tomaron vida. Aquí podedes compartir con nós unha das escenas da película creada polo alumnado de 2.º de educación primaria do Quiñones de León.   Estes próximos días amosarémosvos algún minuto máis—

Ler máis

Tarefa 4 do proxecto “Nós tamén creamos”

Sabemos que estades moi pendentes dos nosos avances. Esta cuarta tarefa consistiu en crear, por fin, os personaxes. O noso alumnado volcouse completamente nesta actividade, xa que son moi creativos e teñen grandes ideas. Podedes velos mans á obra preparando as cabezas, os diferentes ollos dos personaxes ou outros complementos: Todos quedamos namorados do resultado final, que, por suposto, vos imos amosar agora mesmo: Tamén queremos compartir con todos vós un pequeno vídeo que realizamos deste proceso de creación. Para—

Ler máis