IV Edición do Gran Concurso «Cíes. O paraíso de todos»

Un ano máis, temos que felicitar o noso alumnado por participar no concurso «Cíes. O paraíso de todos». Así, o noso alumno, Gabriel Vázquez Rivela, recibiu o primeiro premio de poesía, no grupo de 3.º e 4.º de primaria. Aquí podedes gozar coa lectura dos seus versos: Unha, dúas, tres son as illas que ves na boca da Ría de Vigo escoita ben o que digo. O gran paraíso noso moi verde e fermoso co seu faro na punta ca—

Ler máis

Marchamos de Magosto!

O pasado venres 16 de novembro, todo o alumnado do Quiñones de León celebrou a tradicional festa do Magosto no monte do Vixiador. Xunto a unha paisaxe de outono e un cheiro a castañas e chourizos, os nenos pasaron a mañá xogando, pintando a cara e divertíndose cos seus compañeiros e profesores. Este ano, como novidade, tamén contamos cunha máquina de asar castañas!! Os alumnos dos cursos superiores de Primaria tamén o pasaron moi ben resolvendo un xogo de pistas—

Ler máis

DÍAS DE MEDO E DE CASTAÑAS NO QUIÑONES

Entre o 22 de outubro e o 2 de novembro, estivemos traballando no cole as festividades do Samaín e do Halloween. Todo impregnado polo cheiro da castaña e demais froitos típicos do outono. De momento, non puidemos celebrar como se merece o magosto no monte, por mor do tempo, pero aínda temos esperanzas. Este ano traballámolo dun xeito distinto, xa que intentamos que todas as áreas estivesen presentes. Así, dende a área de lingua, traballáronse os contos de medo e—

Ler máis

Programa CINENSINO

Este curso 2018-2019, 1.º e 2.º da ESO participa no programa CINENSINO. Trátase dun programa de educación en valores para a prevención do consumo do alcohol e outros trastornos adictivos e de comportamento no ámbito escolar, a través dos medios audiovisuais e as TIC. O día 31 de outubro tivemos a primeira cita; a proxección do filme: La profesora. O alumnado xa ía preparado no autobús para dirixirse á sala de cine. Despois, coma sempre que temos unha saída, os—

Ler máis