Alumna premiada no Certame de pintura de Vigolandia

Esta semana tivo lugar a entrega de premios do Certame de pintura de Vigolandia no concello de Vigo. Un grupo de rapaces e rapazas de educación primaria recibiu, de mans do alcalde, cadanseu diploma de recoñecemento polas obras premiadas no XII Certame de pintura de Vigolandia. A temática deste ano foi: o Dinoseto de Nadal. E así de orgullosa se amosaba a nosa alumna de 6.º de primaria, Nayeli, co seu diploma: Fixádevos ben no diploma que sostén, poderedes ver—

Ler máis

X Certame Escolar de Regueifas

O 27 de abril tivo lugar o X Certame Escolar de Regueifas, no que tivemos a sorte de participar. En representación do Quiñones de León, estiveron estas cinco regueifeiras e este regueifeiro que ían con moitas ganas de gozar da experiencia e pasalo moi ben. Este xeitoso grupo nunca tivera relación coas regueifas antes de asistir aos dous obradoiros no colexio guiados por Luís o Caruncho e Pinto d’Herbón. No segundo obradoiro decidiuse que serían Paula, Ananda, Laura, Delia, Carla—

Ler máis