Participamos no Programa CINENSINO

Hoxe tivemos a segunda sesión de cine dentro do programa CINENSINO. Trátase dun programa de educación en valores a través dos medios audiovisuais. A película que vimos foi Aurora (Jamais contente), cunha protagonista adolescente, en constante enfrontamento cos pais e profesores, que atopará na música un medio de evasión. Despois de gozar da sesión de cine, agora nos toca analizar o filme: os personaxes, a temática, etcétera, para reforzar a aprendizaxe.

Programa CINENSINO

Este curso 2018-2019, 1.º e 2.º da ESO participa no programa CINENSINO. Trátase dun programa de educación en valores para a prevención do consumo do alcohol e outros trastornos adictivos e de comportamento no ámbito escolar, a través dos medios audiovisuais e as TIC. O día 31 de outubro tivemos a primeira cita; a proxección do filme: La profesora. O alumnado xa ía preparado no autobús para dirixirse á sala de cine. Despois, coma sempre que temos unha saída, os—

Ler máis