Xa chega o día de convivencia!

Como cada ano, ao aproximarse o final do mes de maio, achégase a festa do cole, ese día en que compartimos unha xornada de convivencia de toda a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado, antigos alumnos… Todos sodes benvidos!

Este ano a data elixida para esta celebración é o vindeiro venres, 31 de maio, en horario de 17:00 a 20:30 horas.

Durante ese período de tempo, entre outras cousas, poderedes gozar das actuacións dos alumnos dos distintos cursos, participar en diferentes talleres, refrescarvos na cantina escolar para colaborar coa excursión dos alumnos da ESO, e pasar un bo momento cheo de maxia.

Alumnos e profesores estamos xa a preparar con agarimo o espectáculo. Esperamos que sexa do voso agrado. Aquí vos deixamos o programa para ir facendo boca. Vémonos o venres!

Programa de actividades