Charla de hixiene bucodental

A semana pasada o noso alumnado de 1.º e de 2.º de educación primaria recibiu a visita dunhas estudantes do ciclo de Hixiene bucodental do Colexio Fillas de María Inmaculada. Visitáronnos co obxectivo de ofrecer información para axudar a promover a saúde bucodental dos rapaces e rapazas. Desde ben pequenos, teñen que adquirir o hábito de lavar ben os dentes. Estas estudantes ensináronlles como se deben lavar dun xeito correcto, ademais de falarlles da necesidade de ter unha alimentación saudable.—

Ler máis