Graduámonos!!

A pasada semana celebráronse no cole as graduacións de Educación Infantil e Educación Primaria. Había moitos moitos nervios, tanto entre os nenos coma entre os profes, pero ao final todo saíu xenial. Durante a graduación de Infantil, e despois de poñer as togas, os nenos e nenas de cinco anos recitáronnos un poema sobre todo o que aprenderon durante estes tres anos, e sobre a emoción que teñen por pasar a Primaria. Despois, as nosas profes Aldi e María dirixiron—

Ler máis

Falamos das emocións

A miúdo aos nenos pequenos cústalles expresar as súas emocións e, aos adultos, interpretar o que lles acontece. Con esta actividade intentamos axudarlles, mediante símbolos e debuxos, a explicarnos como se senten. A actividade tivo lugar durante a hora de inglés e, entre os materiais que empregamos, tiñamos os pratos, que nos serviron para facer ruletas das emocións (feelings plates). Gustoulles moito a actividade. A partir deste día, saudámonos todos os días coa canción Good morning e os xestos que nos—

Ler máis