Obradoiro de regueifas: 2.ª sesión

A semana pasada tivemos a visita de dous grandes regueifeiros no noso cole: Pinto de Herbón e Kike Estévez, dous grandes referentes da improvisación oral en galego. Esta segunda sesión foi completamente práctica para o noso alumnado. Comezaron practicando o ritmo facendo as súas presentacións, cantando sobre cidades ou sobre os seus deportes preferidos. A seguir, deixaron escapar a súa creatividade e comezaron a cantar as súas coplas, a partir das indicacións de Pinto de Herbón e de Kike Estévez.—

Ler máis