A graduación dos leonciños

Os leonciños de 5 anos graduáronse a semana pasada. Rematan unha etapa, chea de aprendizaxe con emoción, e prepáranse para un novo ciclo. Chegaron moi nerviosos ao colexio e alí os profesores axudáronlles a prepararse para a celebración. A seguir, dirixíronse ao salón de actos, onde todas as familias estaban a esperar por eles, para compartir esta despedida. A guía do acto foi a súa titora, a mestra Marga. Co seu bo facer, acompañou a estes leóns e leoas durante—

Ler máis

Os leonciños visitan a Fundación Sales

Os nosos leonciños tamén tiveron a súa saída de fin de curso. Este ano visitaron a Fundación Sales, espazo digno dos mellores soños, que podemos atopar na nosa cidade. Estes rapaces tiveron a oportunidade de pasear por estes xardíns, entre bambús, e recoñecer numerosas especies vexetais. E tamén tiveron tempo de participar nun obradoiro de plantación e traer consigo unha pequena planta para coidar nas súas casas. Os nosos leonciños e leonciñas regresaron do mellor conto de fadas da nosa—

Ler máis

Celebración do Día das Letras Galegas 2019

O Día das Letras Galegas é todos os días do ano, sabémolo e é algo que intentamos transmitir ao noso alumnado, promovendo o uso e o coñecemento da nosa lingua. Pero o día 16 de maio xuntámonos no patio do colexio para falar un chisco sobre a figura homenaxeada deste ano: Antonio Fraguas, fundamental para coñecer na actualidade cantigas e tradicións, que doutro xeito serían descoñecidas para nós. Tivemos uns grandes presentadores para a ocasión, un par de alumnos de—

Ler máis

Os leonciños na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Hoxe pola mañá os nosos leonciños e leonciñas visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Saíron ben cediño do colexio, acompañados polos seus profesores e tamén por algúns familiares que quixeron compartir connosco esta xornada. Chegaron, tras un marabilloso paseo pola cidade, á biblioteca, onde entraron moi tranquilos. Alí, coñeceron a unha bibliotecaria que achegou os nosos cativos ao marabilloso mundo dos libros. Escoitaron os contos con moita atención, seguiron todas as súas indicacións e tamén coñeceron diversos costumes e xeitos—

Ler máis