The Jungle Book

O pasado xoves, os alumnos de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de Primaria foron ao Teatro Salesianos a gozar coa obra The Jungle Book. Aínda que estaba en inglés, entendérona moi ben, xa que previamente aprenderan as cancións, fixeran actividades e falaran na clase sobre os personaxes. A obra foi moi divertida e aos rapaces gustoulles moito. Mesmo algúns tiveron a sorte de subir ao escenario e cantar e bailar cos actores. Mirade que ben o pasaron!!