IV Edición do Gran Concurso «Cíes. O paraíso de todos»

Un ano máis, temos que felicitar o noso alumnado por participar no concurso «Cíes. O paraíso de todos». O noso alumno, Gabriel Vázquez Rivela, recibiu o primeiro premio de poesía, no grupo de 3.º e 4.º de primaria. Aquí podedes gozar coa lectura dos seus versos: Unha, dúas, tres son as illas que ves na boca da Ría de Vigo escoita ben o que digo.   O gran paraíso noso moi verde e fermoso co seu faro na punta ca—

Ler máis

ENTREGA DO PREMIO DE VIGOLANDIA

Retornamos ao mes de decembro do 2017, cando se convocou, dende Vigolandia, un concurso de debuxo coa temática do Nadal. Participaron todos os nenos de educación primaria, e foi elixida a nosa alumna Yolanda González Almeida como gañadora do noso cole. Yolanda foi recoller o seu premio ao concello de Vigo, acompañada pola mestra de plástica. O alcalde da nosa cidade, Abel Caballero, con outros representantes, entregoulle o diploma e unha chea de agasallos, entre eles un xogo de manualidades—

Ler máis