Pygmalion para ESO

Os alumnos de 3.º e 4.º da ESO acudiron á representación en inglés da obra Pygmalion no Cine Teatro Salesianos de Vigo. A obra de Bernard Shaw, non exenta de ironía, é a historia do esforzo desesperado dun misóxino e irascible profesor de fonética para converter a fala cockney da vendedora de flores Eliza na prosodia dunha muller refinada.