E xa está aquí o Entroido

Esta semana celebramos a gran festa do Entroido no colexio Quiñones de León. É a festa das máscaras, unha celebración tradicional aquí en Galicia, que queremos transmitir e manter co noso alumnado. Este ano a temática do gran día, que será o venres, é o cinema e a televisión. Pero antes diso, temos o meco preparado e xa dando ordes desde a pasada semana. Mirade que xeitoso está: E as súas ordes son: Luns: “Se bo cociñeiro queres ser, un—

Ler máis

Visita o noso colexio

Somos un centro concertado en Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Podes visitarnos na Travesía de Vigo, número 36. Ofrecemos unha atención personalizada en todas as etapas, centrada no alumno mediante un enfoque construtivista. Porque vós e os vosos fillos sodes o máis importante, ofrecemos un amplo horario que favorece a conciliación – Servizo de aula matinal: 7:30 – 9:00 horas. – Comedor de cátering, boa comida e un menú variado e saudable (deseñado por nutricionista): 14:00 – 16:00 horas. Prazas de—

Ler máis

O Quiñones regueifando

O noso alumnado de 1.º e 3.º da ESO ten a oportunidade de participar no obradoiro de regueifas impulsado polo SNL do Concello de Vigo e dirixido polos grandes mestres Luís “O Caruncho” e Pinto de Herbón. Este obradoiro consta de dúas sesións formativas (e lúdicas, por suposto) e a participación no Certame de regueifas. Hoxe asistimos á primeira destas sesións, que deu comezo con moita expectación por parte dos rapaces e das rapazas. Os regueifeiros, tras presentarse, ofreceron unha excelente—

Ler máis