Taller de Nadal no Museo Liste

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil participou nunha saída didáctica ao Museo Liste, para realizar un taller de Nadal. Todos estaban emocionados, e xa no autobús amosaban as súas caras de ledicia. Unha vez no Museo as monitoras fixeron unha pequena presentación etnográfica dos cantos de Nadal, e a continuación o noso alumnado participou nun taller de creación de instrumentos musicais co que puidemos acompañar as nosas cancións de Nadal. Os máis pequenos, da clase de tres anos, fixeron unha—

Ler máis

Visita da ESO aos museos coruñeses

Dicía Galileo que a Natureza está escrita en liguaxe matemática e que se non coñecemos esta linguaxe vagamos por un escuro labirinto. Os alumnos da ESO tiveron o pracer de poder ver e experimentar o que sabemos sobre a enerxía, as forzas da Terra, a evolución ou a percepción na Domus e na Casa das Ciencias da Coruña. Tamén viaxaron a outras latitudes (subiron de Vigo, a 42,23ºN, ata A Coruña, a 43,37ºN; en total, máis dun grao de meridiano),—

Ler máis

Emprendendo e aprendendo: viaxe a Cangas

Os nenos de 4.º de primaria están a traballar nun proxecto chamado “Espírito Emprendedor”, no que coñecen e analizan o traballo necesario para montar unha empresa dende os seus inicios. O que para moitas persoas se traduce en facer realidade un soño. Con motivo deste proxecto, desprazámonos ata Cangas, os veciños de en fronte, para coñecer de primeira man dúas firmas que levan o seu traballo por bandeira: Rinoceronte Editora e Saias Ledas. Foi unha mañá moi fría, pero acompañounos—

Ler máis