Na Semana da Ciencia, os alumnos/as de 1º ESO escribiron un bonito conto sobre o espazo, os cometas e os planetas, que leron aos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria.
En 2º ESO elaboraron unha presentación sobre grandes mulleres na historia da ciencia, que tiveron que superar os prexuízos das épocas nas que lles tocou vivir. Por alí pasaron, entre outras, Irène Joliot-Curie (física e química), Barbara McClintock (xenética), Jane Goodall (primatóloga) ou Margarita Salas (bioquímica).
Parabéns a todos/as os participantes.