Axudas de comedor

Informámoslles de que xa están dispoñibles as axudas de comedor do Concello. Poden consultar se son beneficiarios chamando ao centro.

Judith Rodríguez con 5º e 6º de Primaria

Onte, o día Internacional dás persoas con discapacidade, tivemos a honra de recibir a Judith Rodríguez, a esgrimista gañadora da medalla de bronce en florete nos Xogos Paralímpicos de París 2024. Puidemos escoitar e facerlle preguntas sobre a súa historia e o seu gran recorrido deportivo, pero sobre todo compartiu con nós a súa gran mentalidade e a postura ante a superación no día a día; inspirándonos a enfrentar o nosos propios obstáculos con valentía e a atopar novas formas—

Ler máis

4º ESO contra a violencia de xénero

O alumnado de 4º ESO participou no acto que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo o 25 de novembro dentro do programa EnlazaVigo24, contra toda violencia de xénero. Que saiban practicalo na súa vida diaria, presente e futura.

Magosto (E.P)

Como vedes, este ano a climatoloxía deu ao traste coas actividades que tiñamos preparadas para celebrar o Magosto en convivencia, ata tivemos que aproveitar os descansiños que nos daba a choiva para ir a por as castañas ao castañeiro; o que non conseguiu foi estragarnos o día porque o pasamos en grande con xogos, manualidades, proxectos e demais actividades. Así que… que aprendemos? Que ao mal tempo boa cara e que en compañía dos amigos sempre se pasan bos momentos.—

Ler máis

Samaín 2024 (Ed. Primaria)

A semana pasada celebramos Samaín cunha chea de actividades terroríficas e interesantes. Dende manualidades a experimentos científicos ou a experimentar grandes emocións… deixámosvos aquí unha mostra das actividades levadas a cabo durante esta xornada. Nos tres primeiros cursos optamos polo xogos de mesa, xa que é unha actividade moi enriquecedora ao ter que respectar os turnos e as normas dos xogos, o traballo en equipo… e as manualidades xa que sempre son un acerto. E realizamos dous experimentos diferentes, tematizados—

Ler máis