Estas semanas de marzo estivemos levando a cabo diversas actividades en torno ao 8M, día internacional da muller. Ed.Infantil e Ed. Primaria colaboramos para elaborar un mural que afastase á muller dos seus papeis estereotipados no mundo laboral para deixar claro que a muller pode desempeñar calquera traballo que ela desexe, ese é o seu superpoder.
Tamén participamos en diferentes talleres sobre a igualdade e elaborado algunhas manualidades para regalarlle a unha muller importante na nosa vida.