Este ano aproveitando o traballo sobre o 11F, Día da muller e a nena na ciencia, quixemos continuar con mulleres destacadas en campos científicas que foron e aínda son grandes descoñecidas a pesares dos seus logros.Para decorar a entrada do centro, o noso alumnado elaborou entre un anagrama do día con motivos florais e bolboretas.
Para o alumnado de 1º de E.P, proxectamos un vídeo adaptado á súa idade introducíndolle o tema e elaboraron uns fermosos marcapáxinas.
O alumnado de 2º de E.P. fixeron un fermoso lapiseiro para conmemorar o Día da muller coloreando un debuxo de Anna Atkins, de nena ou de adulta, que ademais dunha gran botánica, é considerada a primeira muller fotógrafa e foi a primeira persoa en publicar un libro ilustrado exclusivamente con imaxes fotográficas.
Os nenos e nenas de 3º reflexionaron sobre o feito de que mulleres e homes teñen os mesmos dereitos e capacidades e plasmaron esta idea dende á súa perspectiva nun debuxo.
Os nenos e nenas de 4º de Primaria buscaron información na sala de ordenadores sobre 16 mulleres que sobresaíron en distintos campos da ciencia. Despois plasmaron nos traballos a información principal sobre a súa vida, os seus logros e recoñecementos. Tamén xogaron ao “Quen é quen” con esta temática.
Os nenos e nenas de 5º de Primaria, co fin de conmemorar o Día da Muller, traballaron o tema por dúas bandas. Por un lado, buscaron información e redactaron sobre a vida de mulleres científicas importantes na nosa historia.
Por outro lado, fixeron e decoraron estes preciosos marcapáxinas, reflexionando sobre a reivindicación que se fai este día dos dereitos das mulleres e da tan ansiada igualdade.