8M Día da Muller

O pasado venres, 8 de marzo, celebramos o Día da Muller, conmemorando a loita de todas as mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade cos homes.

Cada curso investigou sobre unha muller importante, coñecendo un pouco sobre a súa vida, e as súas accións máis relevantes.

Os nenos de 1º de Primaria investigaron sobre Dona Strickland, pioneira na investigación do láser.

En 2º traballouse, Jane Goodall, coñecida polos seus estudos sobre a vida social dos chimpancés.

 

En 3º, Mae Jamison, primeira afro-americana en viaxar ao espazo.

En 4º, Ana Peleteiro, atleta galega.


En 5º de Primaria, Malala Yousafzai, mensaxeira da Paz das Nacións Unidas e a persona máis xoven en recibir o Nobel da Paz.

En 6º, Greta Thunberg, activista ecolóxica.

En Secundaria, mural conmemorativo de varias mulleres importantes.

 

Comments are closed