Hoxe, 17 de maio, non queremos pasar sen celebrarmos toda a comunidade educativa o Día das Letras Galegas, aínda que sexa así na distancia.
Este ano dedícase este día a Ricardo Carballo Calero. Durante o mes de outubro, faremos diferentes actos conmemorativos no centro escolar ao redor da figura deste persoeiro.
Pero este 17 maio quedará para sempre na nosa memoria como unha data diferente, na que festexamos o día sabendo que todos os días son os días das nosas letras, da nosa palabra, da nosa voz… E para iso que mellor xeito que amosarvos o bo facer da nosa semente: o noso alumnado. Aquí tedes unha mostra.
- Textos elaborados polo alumnado de 1º ESO
- Textos elaborados polo alumnado de 2º ESO
- Textos elaborados polo alumnado de 3º ESO
- Textos elaborados polo alumnado de 4º ESO
E, para rematar, gustaríanos compartir con vós estas coplas escritas entre varios alumnos de 1º e 2º da ESO (Yeray Álvarez, María Aguilar, Lucía Carrera, Lucía García Prieto, Nayeli Esquivel e Julia Escudero):
Coa ilusión de poder celebrar esta data adiada xuntos, convidámosvos a ler e a facer uso do galego, lingua viva e chea de riqueza cultural, neste día especial e, por suposto, en todos os días do ano.