Graduacións virtuais de Educación Infantil e Educación Primaria

O remate do curso ven tradicionalmente marcado por dúas importantes celebracións: as graduacións do alumnado de sexto de Educación Infantil e de sexto de Educación Primaria. Nelas conmemoramos o fin dos seus estudos na correspondente etapa, e o paso a outra nova con emoción e agarimo.
Este ano, por mor da emerxencia sanitaria, non puidemos celebrar estas importantes citas de xeito presencial, pero non perdemos a oportunidade de facelo a través dos medios tecnolóxicos!
Así, na última semana do curso, celebramos en primeiro lugar a cerimonia virtual de graduación do alumnado de sexto de Educación Infantil.

A través de videoconferencia, o titor tivo a oportunidade de facer un pequeno discurso para agradecer ao alumnado e ás familias o traballo desenvolvido durante este período, así como de facer un emotivo repaso aos momentos máis significativos da etapa, a través dun vídeo preparado con todo o agarimo para este estupendo grupo ao que vimos medrar día a día, non só en tamaño, senón tamén en calidades.

Seguindo as instruccións do titor, o alumnado fixo o seu correspondente bonete. Este elemento característico das graduacións, rematou polo aire ao final da cerimonia, tras a entrega virtual de diplomas enviados en directo a cada participante.

Foi un emotivo acto, do que gozamos tanto o profesorado como o alumnado. Quédanos pendente unha aperta ben forte entre todos cando nos reencontremos en setembro!

Ao día seguinte realizouse a cerimonia virtual de graduación do alumnado de sexto de Educación Primaria.

Cun “Todo comezou alá polo ano 2014 cando chegastes ao primeiro andar….”iniciaban o
discurso os mestres de sexto, o grupo de 25 nenas e nenos, a primeira xeración que se
graduaba durante unha pandemia. Aínda que a cerimonia foi na distancia, intentouse facela o máis
parecida posible á que sería en condicións normais. Houbo de todo: discursos, vídeo
recompilatorio de todos os momentos vividos durante a primaria, entrega de diplomas e baile.
Xa que a rede foi o medio utilizado, para a ocasión preparouse un kahoot (aplicación á que xogaron un
montón durante o confinamento), no que se lembráron anécdotas divertidas pasadas no
cole.
Todos vestiron as mellores galas, e como non, prepararon os bonetes. No día sinalado, grazas á
colaboración das familias, todos puideron recibir o seu diploma na casa.

Orla dos graduados de Educación Primaria

Parabéns a esta xeración de estudantes, que non só superaron toda a etapa, senón tamén
superaron unha situación de confinamento nunca ocorrida nas nosas vidas.
Esperamos poder celebrar á volta das vacacións esta, vosa festa, gardando a distancia, pero ao
mesmo tempo, sentíndonos todos un pouquiño mais preto.

 

 

 

.

Comments are closed