Magosto en tempos de pandemia

 

Son moitos os refráns que a tradición galega ten ao redor deste tempo de castañas. E é que a castaña, na primeira quincena de novembro, convértese en protagonista de pratos, refráns e tradicións. Ninguén podía prever un magosto sen castañada; pero este ano a situación obriga e as tradicións terán que agardar ou adaptarse. Co espírito de manter as devanditas tradicións vivas, levamos a cabo algunhas actividades que non teñen comparación coa nosa excursión anual ao monte, con comer castañas cos amigos, con gozar do aire libre ou con pintarse as caras con carbón; pero que conseguen manter ao noso alumnado con ilusión e co desexo do próximo ano, por estas datas, poder mollar as botas no monte e correr a tirarse nunha montaña de follas. Sigamos fortes e con ánimos para saír disto canto antes.

Así que este ano, o magosto vivímolo entre contos, manualidades xogos e castañas; iso si, castañas que non falten aínda que sexan só para almorzar. Aquí deixámosvos unha mostra dalgunha destas actividades.

Os ourizos de 1º de Primaria cos súas máscaras.

Algúns dos traballos sobre o conto de 2º de Primaria

Algúns dos ourizos de 2º de Primaria

Tamén fixeron un collage dunha castañeira utilizando únicamente figuras xeométricas.

Cesta de papel de periódico trenzadas do alumnado de 3º de Primaria

O alumnado de 4º de Primaria, decorando o o seu modelo de castañeira

Que delicia! As castañas saben mellor no monte, pero entre amigos tamén están ben.

Comments are closed