Magosto infantil 2020

Os máis cativos do cole celebraron este magosto tan singular dun xeito especial, cos elementos propios desta festa como protagonistas.

O alumnado da clase de tres anos estivo traballando de varias formas ben distintas, desde facer unha divertida castaña  con todas as partes da cara no sitio, ata crear un simpático rato empregando unha castaña como corpo.

Alumnado de 3 anos no magosto

Pola súa banda a clase de catro anos traballou esta celebración elaborando o tradicional cornete de papel de periódico con castañas asadas, e agudizando o inxenio para transformar unha castaña nun simpático caracol.

Alumnado de catro anos facendo cornetes de castañas

Alumnado de catro anos co seu caracol de castaña

E o alumnado de cinco anos traballou as cores e os elementos do outono e do magosto combinándoos nun traballo artístico, e facendo un cornete para levar castañas coa imaxe da castañeira. Non hai dous iguais!

Alumnado de cinco anos traballando o outono e o magosto

Alumnado de cinco anos coas súas creacións artísticas

Agardamos que o vindeiro ano poidamos ir a cumprir a nosa tradición de magostar ao monte, para gozar da natureza nesta época do ano, e desta festa popular tan típica de Galicia.

 

Comments are closed