Este ano, como xa é costume, tivemos que adaptar a celebración do Entroido ás restricións polo COVID-19 pero esforzámonos para que o noso alumnado pasase unha xornada divertida e diferente. Por suposto, negámonos a que esta situación rompese a nosa tradición de elaborar o noso disfrace no cole e sorprender ás familias á saída do último día da semana de Entroido.
Este ano, o tema escollido foi a interculturalidade. Xa que esta pandemia aféctanos a todos, quixemos achegar aos nenos e nenas culturas que non adoitan ser traballadas noutros ámbitos. As actividades deste ano non só consistían en elaborar o disfrace, senón tamén en aprender sobre outras culturas e tradicións; sen esquecer por suposto o noso Entroido galego.
Ademais, non todo ían ser desvantaxes. Este ano tedes entrada de primeira fila para gozar das danzas do mundo traballadas na materia de música.
Aquí tedes as vosas “entradas”
Actuación de 1º de Ed. Primaria
Actuación de 2º de Ed. Primaria
Actuación de 3º de Ed. Primaria
Actuación de 4º de Ed. Primaria
Actuación de 5º de Ed. Primaria
Actuación de 6º de Ed. Primaria
Deixámosvos aquí un par de vídeos e unha mostra das actividades realizadas; onde podedes atopar un pouquiño máis do que se fixo durante estas semanas.
Agardamos que vos gustara e que o noso alumnado desfrutase destas actividades e desexamos poder facer festa rachada, coma de costume, polo Entroido do 2022.