Este Samaín pasámolo de medo! Tivemos actividades para todos os gustos: contacontos de medo, manualidades, cancións…; mesmo investigamos un pouquiño na súa procedencia histórica como nos contan dúas alumnas de terceiro de primaria.
Outro ano máis o noso alumnado sorprendeunos cos seus complementos, dos cales vos mostramos un exemplo.
Complementos elixidos este anoNon podía faltar o noso mural da entrada; obra do alumnado de 1º e 2º de primaria. Este ano elaboramos unha tea de araña xigante para adornar o corredor da entrada; ca súas arañas e todo!
Seguramente xa vistes o resultado na entrada do cole pola rúa Travesía de Vigo, pero por se non é así, deixámosvos aquí unha imaxe. Se vos achegades pola noite, poderedes ver que os nosos calacús brillan na escuridade!
Os nenos e nenas de 3º E.P, ademáis de axudar a pintar un destes terroríficos calacús, elaboraron unha lampariña de noite inspirada nunha “haunted house” na clase de inglés; aínda que os que quixeron, decoráronna á vontade coma casiñas de outono.
Tamén na clase de inglés o alumnado de 4º a 6º de E.P, pasaron un pouquiño de medo elaborando estes “spooky eyes” xa que tiveron que atreverse a cortar tres globos para poder obter o seu ollo; e iso, sempre conleva a posibilidade de levarse un pequeno susto ao estouparen algúns. Ao final todo o mundo conseguiu o seu ollo, aínda que a maioría necesitaron máis dun intento.
Falando de medo, os maiores de primaria atrevéronse a facer actividades máis “terroríficas” coma o seu propio contacontos de terror con ambientación e, por suposto, as súas lanternas ou micrófonos!
Experimentar a incerteza de debuxar unha escena descritaen inglés e cos ollos pechados… a seu reación ao ver o resultado é de todo menos terrorífica; os resultados son outro cantar!
Ou, xa en 6º E.p, visualizar o vídeoclip official de Thriller que foi estreado no ano 83. Aínda que a estes mozos e mozas 2021, como non hai nada que lles asuste, aproveitaron para facer un listening da canción.
Eso si, os pequenos optaron por actividades máis lúdicas e divertidas para a súa idade coma elaborar pulseiras temáticas, escoitar cancións e facer manualidades.
Pulseiras dos nenos e nenas de 2º E.P
Á cal seguiron as lambetadas!
Así que xa vedes, actividades para todos os gustos; eso sí, o máis importante: non perder as nosas tradicións, aprender e desfrutar en grupo, experimentar e recoñecer dunha maneira sá as nosas emocións e escapar un pouquiño da rutina dos libros.
Agardamos que vos gustase esta entrada, porque de boa man sabemos que o noso alumnado desfrutou vivíndoa.