Este curso 2021-2022, o Equipo de Dinamización Lingüística lanzou unha proposta a toda a comunidade educativa: realizar un intercambio de postais.
Deuse a coñecer nas clases a data da Candeloria e os refráns que existen ao seu redor. E enlazouse esta data co Día de Cupido, máis coñecido polo alumnado.
Traballouse a expresión escrita e tamén a artística, xa que deseñaron as súas postais e despois as escribiron.
O motivo das postais eran os monumentos de Vigo ou das cidades de orixe de cada un de nós. Sempre gusta amosar aos compañeiros os nosos gustos. E o texto consistía nunha pequena presentación nosa que xerase interese para despois xogar a descubrir quen a escribira.
O día 2 de febreiro recolléronse as postais e hoxe, 14 de febreiro, fíxose o reparto da correspondencia.
Gústanos que o noso alumnado queira coñecer os compañeiros dos outros cursos. Xa descubrirían quen escribiu as postais?