Obradoiro de regueifas

Esta semana o alumnado de secundaria coñeceu o gran regueifeiro Bieito Lobariñas. Tivemos a primeira sesión dos obradoiros de regueifas, organizados pola Deputación de Pontevedra e a Asociación ORAL de Galicia. Explicou a orixe das regueifas e amosou ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Acompañados polo son da súa zanfona, crearon as súas coplas e tamén as cantaron. Agora seguiremos practicando para mostrar os dotes de improvisación do Quiñones na segunda sesión.

Visita ao Museo Liste

Esta semana os grupos de 3.º e 4.º da ESO visitaron o Museo Liste. É un museo etnográfico que amosa nas súas salas aspectos relacionados cos oficios, os tecidos, os cereais, a luz ou a arte de curar. Tras a visita, o noso alumnado participou do obradoiro “Enigma”, a través do que coñeceron diferentes códigos, mensaxes cifradas, xeroglíficos… que puxeron en práctica nunha xincana.